Skip to content

Bicis.info

XIII Encuentros Cicloturistas por Zaragoza e Teruel desde o 5 ao 12 de Xullo de 2009.
Xa están en marcha os XIII Encuentros Cicloturistas, que este ano percorreran as provincias de Zaragoza e Teruel desde o 5 ao 12 de Xullo de 2009.
 
Para que non os coñeza, trátase de unha actividade que a Coordinadora CONBICI a través de asociacións de ciclousuarios (este ano organizao o COLECTIVO PEDALEA de Zaragoza) organiza cada dous anos. Trátase duns días de roteiros en bici con alforxas, disfrutando das terras polas que pedaleamos, compartindo experiencias con cicloturistas doutras localidades, e sobre todo, pasándoo moi ben.
Ler máis...
 
III Marcha Ciclonudista na Coruña

Baixar o cartel da ciclonudista

O sábado 13 de xuño celébrase a nivel mundial a VI edición da marcha ciclonusdista. Na Coruña xa van pola terceira edición e invitan a participar masivamente nesta xornada reivindicativa pero á vez festiva:

É o único xeito que coñecemos nas nosas cidades para conseguir que os coches minoren a súa marcha e manteñan a distancia de seguridade. Comprobado. O nudismo é un dereito, e como a mobilidade en bicicleta, non sempre é respectado. Ten que ser reclamado, e nós farémolo pacíficamente e cun sorriso.

Saímos de María Pita ás 12h, vestidos e vestidas, e máis adiante, fora roupa!!! arriba as bicis. Remataremos nunha praia da cidade comendo e disfrutando dun dereito.

Se non queres quitar a roupa podes vir igual a facer o percorrido e a comer na praia. Hai quen pinta o corpo, quen disfraza, en bikini, en bañador... Cantas máis bicis mellor. Vémonos o sábado 13.

Información e dúbidas sobre a marcha: http://www.ciclonudista.net

Información sobre o nudismo (pdf): O nudismo unha mási das túas liberdades

Comentarios e preguntas no foro: http://www.bicis.info/foro/viewtopic.php?p=4486

Evento no Facebook: III Marcha Ciclonudista na Coruña

 
Venres 29 de maio, masa critica en Vigo

san_francisco_copia.jpgEste venres, como cada último venres de cada mes, dende a praza de América saira a masa crítica viguesa, como protesta e alternativa a este modelo urbán que cada día nos afoga con máis fume, máis formigon e máis asfalto. Sae coa tua bici e amosa a alternativa esquecida nesta cidade, pedalea cara a unha forma de transporte sostibel, non é a alternativa é a opción.


Xa sabes 29 de Maio as 20:00 na Praza de América

 
12 horas en bici 2009 na Coruña

12 horas 09

O sábado 30 de maio, calquera persoa coa súa bicicleta pode sumarse a este evento para demostrar que hai outras formas de desprazarse pola cidade sen malos fumes, ruídos, nin atascos. Podendo entrar e saír a calquera hora e cantas veces se queira. Esta marcha social pretende dar un toque de atención ás nosas adormecidas autoridades e invitar aos cidadáns a que coa súa actitude fomenten a diario o uso de transportes alternativos ao automóbil. É posible acougar o tráfico motorizado nas cidades e reducir o seu volume ata civilizalo e facelo compatible coas funcións e actividades que realizamos nas rúas. Coa vosa participación, conseguiremos unha cidade máis humana, tranquila e menos contaminada.

Esta iniciativa pretende concienciar á xente do abuso e mal uso que facemos dos vehículos na cidade. Démoslle unha alternativa á nosa mobilidade!

Mesa informativa e punto de encontro no obelisco. Comentarios no foro: http://www.bicis.info/foro/viewtopic.php?t=1658
 
A Bici e a Cidade de Ourense "CÁSANSE", ven a celebralo
bici_boda_maio_2009.jpg
Ler máis...
 
Os estudantes da USC inician unha campaña para fomentar o uso da bicicleta
Os estudantes da USC que son bolseiros de sustentabilidade da Oficina de Desenvolvemento Sostible, dependente do vicerreitorado de Calidade e Planificación, comezan hoxe na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais unha campaña para fomentar o uso da bicicleta como medio de transporte habitual.
Ler máis...
 
Return of the scorcher, o documental que deu nome ás Masas Críticas
 No documental (dirixido polo tamén ciclista Ted White), o deseñador neoiorquino Bliss conta a súa viaxe a China durante unha semana para ver como a bicicleta funciona nunha poboación moito máis numerosa que a estadounidense. Segundo descubre sorprendido, alí sentíase "arrastrado pola masa, sentíala á túa ao redor, chegando de todas as direccións".
O título do documental, que dura uns 30 minutos, fai referencia aos ciclistas de finais do século XIX. En 1890, antes de que os coches fixésense donos das rúas, os ciclistas eran coñecidos como "Scorchers" pola súa velocidade. Un século despois, nun mundo onde os automóbiles son os principais causantes de problemas ambientais e sociais, o documental fai unha clara alusión ao "renacemento das bicicletas".
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 13 de 108

Publica en Bicis.Info

Se queres enviar unha foto, un texto, unha denuncia,  un artigo, unha ligazón ou calquera outro documento para colgar na web podes facelo escribindo ao Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver