Índice dos Foros Foro das masas críticas galegas

 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MembrosMembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RexistrarseRexistrarse 
 PerfilPerfil   Entra para ver as túas mensaxes privadasEntra para ver as túas mensaxes privadas   Iniciar sesiónIniciar sesión 

Festival Terractiva, 17 e 18 de novembro

 
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Convocatorias/Campañas doutros grupos sociais
Ver tema anterior :: Ver tema seguinte  
Autor Mensaxe
Marcial
Site Admin


Rexistrado: 15 Out 2007
Mensaxes: 536
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Mer Out 17, 2007 11:27 am    Asunto: Festival Terractiva, 17 e 18 de novembro Responder citando

O Festival Terractiva xa ten datas de celebración, e desta volta coincide un pouco tarde para o que era habitual, será o 17 e 18 de novembro de 2007.

Eu estarei cun stand da revista Opcions de consumo consciente, quizais combine cun espazo para o periódico Diagonal, e colarei tamén algúns panfletos da masa crítica nalgún lado jeje. Ofrecín unha charla sobre masas críticas e mobilidade (coa flamante carreira de medios incluída), se teñen espazo pode ser interesante, claro que seguro que están saturados de actividades Smile

Espero veros a tod@s por alí, é un festival moi chulo e cun moi bo ambiente. Consultade os cursos, e cando estén dispoñibles os concertos e actuacións.

http://www.terractiva.org
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e Visitar sitio web do autor
Faneca Brava



Rexistrado: 19 Out 2007
Mensaxes: 253
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Ven Out 19, 2007 12:24 am    Asunto: Responder citando

Verémonos... GP leva estand tamén (seguramente).
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Marcial
Site Admin


Rexistrado: 15 Out 2007
Mensaxes: 536
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Ven Nov 02, 2007 4:28 pm    Asunto: Responder citando

Sábado 17 de novembro de 2007 ás 18h - Festival Terractiva, Arzúa

CHARLA-COLOQUIO: "Mobilidade nas cidades galegas. O uso da bici como medio de transporte. A experiencia das masas críticas"

FORMATO: Exposición da Carreira de medios, un estudo sobre os tempos, costes e eficacia nos diferentes medios de transporte na cidade da Coruña. Charla sobre a experiencia das Masa Crítica en Coruña e outras cidades galegas. Coloquio sobre mobilidade e o seu futuro.

DESCRICIÓN: Que medio de transporte usamos para desprazarnos? porque? Un estudo realizado na cidade da Coruña revela que moitas das respostas de moita xente a estas preguntas son respostas erradas. Os atascos, a contaminación, os atropelos, a perda de calidade de vida, ... estos son algúns dos inconvintes dunhas cidades que crecen por e para os coches. Pero o coche é un elemento de transporte moi ineficaz, costoso, contaminante e perigoso. As alternativas ao coche e a humanización das cidades é o debate do presente e a solución do futuro. O movemento masa crítica (critical mass) en Galiza, as experiencias de Coruña, Santiago, Vigo e a recén creada en Ourense. Un movemento descentralizado, participativo, que avanza cara adiante e reivindica activamente o uso da bicicleta como medio eficaz de transporte.

Máis información en http://www.bicis.info, Masa Crítica na Galipedia e Foro das Masas Críticas Galegas

DURACIÓN: 1 hora aproximadamente de exposición (dependendo das necesidades), e charla-coloquio posterior sobre mobilidade e diferentes experiéncias.

RELATORES: Membros das Masas Críticas Galegas.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e Visitar sitio web do autor
Faneca Brava



Rexistrado: 19 Out 2007
Mensaxes: 253
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Mar Nov 20, 2007 12:06 pm    Asunto: Responder citando

Solución á incógnita do xantar no recinto feiral de Arzúa - Terra Activa:

(inteligíbel só para os/as presentes)

107 : 10 = 10.70

10 x 10 = 100

0.70 x 10 = 7

100 + 7 = 107
_________________

Usa a bici tódolos días, celébrao unha vez ao mes!!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Faneca Brava



Rexistrado: 19 Out 2007
Mensaxes: 253
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Mar Nov 20, 2007 12:07 pm    Asunto: Responder citando

A ver cando repetimos esas pachangas ao pin pon!!!!!

Pin pon deporte nacional xa!!! hehehehe.
_________________

Usa a bici tódolos días, celébrao unha vez ao mes!!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
rotor galego



Rexistrado: 18 Out 2007
Mensaxes: 180
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Mer Nov 21, 2007 2:10 pm    Asunto: Responder citando

coño, e verdade, contamos mal os comensais...seria o viño
_________________
Masa Crítica Coruña
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
soniña



Rexistrado: 23 Out 2007
Mensaxes: 60
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Mer Nov 21, 2007 7:07 pm    Asunto: tes razón.... Responder citando

resolta a incógnita teño que decir que eu son das que fai "acueducto" en decembro, voume para Corme que xa hai moito tempo que non paso tantos dias nesa "fermosa vila mariñeira" e por outro lado Paco abandóame porque marcha o día 4 subir montes pola Patagonia. A marcha de Ferrol, Paco vai a Madrid e eu deixei a bici en Corme (xa contaba con non ir a de decembro).
Máis cousas, "a escapada ciclista", vai ser que no Nadal é un pouquiño complicado, o fin de semán despois da masa , o 15 temos unha actividade con Greenpeace, e o seguinte xa hai que ir empezando coa terapia para aguantar a familia, asi que a seguir a votarme de menos.
PD:_ Xiana, podes seguir bebendo todos os chupitos por min, pero coidado coa resaca....


Un biquiño.
_________________
Masa Crítica Coruña
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Faneca Brava



Rexistrado: 19 Out 2007
Mensaxes: 253
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Xov Nov 22, 2007 5:32 pm    Asunto: Re: tes razón.... Responder citando

rotor galego escribiu:
coño, e verdade, contamos mal os comensais...seria o viño


... si, o viño, o frío e a resaca...

soniña escribiu:
resolta a incógnita teño que decir que eu son das que fai "acueducto" en decembro, ...

PD:_ Xiana, podes seguir bebendo todos os chupitos por min, pero coidado coa resaca....


Oooh, botarémoste de menos... Crying or Very sad

Buf, o de bebe-los chupitos por ti, por min e por quen sexa... pode ser mortal... que quero chegar viva aos 30!!! Laughing
_________________

Usa a bici tódolos días, celébrao unha vez ao mes!!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Convocatorias/Campañas doutros grupos sociais Todas as horas son GMT + 1 Hora
Páxina 1 de 1

 
Cambiar a:  
Podes publicar novos temas neste foro
Non podes responder a temas neste foro
Non podes editar as túas mensaxes neste foro
Non podes borrar as túas mensaxes neste foro
Non podes votar en enquisas neste foro


Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
© 2002 Tradución ao Galego por Sergio Ares Chao
Revisado e actualizado no 2005 pola CiberIrmandade da Fala