 |
Foro das masas críticas galegas

|
| Ver tema anterior :: Ver tema seguinte |
| Autor |
Mensaxe |
Moncho Vázquez

Rexistrado: 12 Abr 2008 Mensaxes: 144
|
Publicado: Mar Feb 09, 2010 2:31 am Asunto: Xornadas sobre transportes/mobilidade na Casa das Atochas |
|
|
Programa provisional das xornadas. Con respecto ao que enviei pola lista da Masa Crítica A Coruña hai unha novidade; na mesa redonda do día 11 estará tamén a Asociación de Afectados polo trazado do AVE A Coruña-Betanzos.
| Cita: | Xornadas sobre transportes/mobilidade na Casa das Atochas
Enderezo: C.S.O. Casa das Atochas,
r/Atocha Alta 14,
Montealto; A Coruña.
http://casadasatochas.info
Martes 9 de febreiro ás 20:30 horas CINEFÓRUM SOBRE CICLOACTIVISMO coa proxección de WE ARE TRAFFIC! (1999), Ted White. VOSC.
Dirección e producción: Ted White.
Duración: 50 minutos.
En setembro do 92, tras un visionado de Return of the Scorcher (1992), un grupo activista da cidade de San Francisco toma do documental do propio White o nome de Masa Crítica para a práctica de paseos ciclistas mensuais na que comezaran a traballar pouco tempo antes. Aínda que tamén dea conta da rápida internacionalización do movemento político, WAT está centrada nesta experiencia californiana da que agroma un conxunto táctico que -con pequenas diferencias en cada localización singular- é o blandido en centos de cidades; unha zona autónoma temporal e festiva que circula resignificando as bicicletas e os espacios públicos baixo o dominio das políticas do todo para o coche privado. A máis, é en San Francisco onde se dá a máis disparatada intervención para controlar a Masa Crítica desde os poderes públicos, que titubean entre a disuasión e a patrimonialización, e que desencadeará os disturbios de xullo do 97.
O cinefórum contará con intruducción a cargo dun activista local.
Mércores 10 de febreiro a partir das 20.30 horas PALESTRA: UNHA VISIÓN CRÍTICA DO TAV
a cargo de Valdés.
Xoves 11 de febreiro ás 20.30 horas MESA REDONDA con COLECTIVOS GALEGOS CONTRA O AVE.
A construcción da rede ferroviaria europea de alta velocidade conta coa oposición de diversos movementos sociais que están a organizar a resistencia a un proceso medioambiental e socialmente agresivo de reordenación do territorio i elitización do transporte ferroviario e da mobilidade en xeral.
Teremos oportunidade de coñecer as loitas galegas contra o AVE nunha mesa participada pola Asociación Cultural Lucerna, de Cerceda (http://asociacion-cultural-lucerna.espacioblog.com/), a Agrupaçom de Montanha Augas Limpas (http://aguaslimpas.blogspot.com/) e a Asociación de Afectados polo trazado do AVE A Coruña-Betanzos. |
E xa de paso, o programa mensual do centro:
http://www.casadasatochas.info/2010/02/05/programa-de-febreiro/ |
|
| Volver arriba |
|
 |
|
|
Podes publicar novos temas neste foro Non podes responder a temas neste foro Non podes editar as túas mensaxes neste foro Non podes borrar as túas mensaxes neste foro Non podes votar en enquisas neste foro
|
|