 |
Foro das masas críticas galegas

|
| Ver tema anterior :: Ver tema seguinte |
| Autor |
Mensaxe |
Xico
Rexistrado: 20 Nov 2007 Mensaxes: 1 Ubicación: A Coruña
|
Publicado: Mar Nov 20, 2007 12:00 pm Asunto: concentración este xoves 22 ás 20h na Autoridade Portuaria |
|
|
A asociación Veciñal Oza -A Gaiteira -Os Castros convoca para este xoves 22 ás oito do serán na Autoridade Portuaria da Coruña unha concentración para exixir unha solución definitiva aos problemas ambientais e para a saúde que orixinan as descargas de carbón e outras substancias no Peirao Centenario.
Exixirase tamén a demisión do Presidente da Autoridade Portuaria da Coruña Macario Fernández Alonso por unha xestión caracterizada pola combinación da desinformación, o desprezo aos veciños e ao medio ambiente e a absoluta submisión aos intereses de Unión Penosa.
O enésimo incidente relacionado coas descargas -a combustión de parte do carbón armacenado no interior da Medusa desde o pasado martes e a conseguinte emisión de substancias tóxicas destes últimos días, que o vento levou ademais a outras zonas da Coruña - e o "aquí non pasa nada" de Autoridade Portuaria e Concello fartaron a nosa paciencia.
CARBÓN SOLUCIÓN! MACARIO DEMISIÓN!
Agradecemos toda a difusión posíbel! |
|
| Volver arriba |
|
 |
Faneca Brava

Rexistrado: 19 Out 2007 Mensaxes: 253 Ubicación: A Coruña
|
Publicado: Mar Nov 20, 2007 12:25 pm Asunto: |
|
|
Certamente teñen que buscar unha solución-alternativa para a Medusa... porque xusto estes días a trás, que non choveu nada, notábase moito a contamiación no ambiente (veciños/as dixit).
Que chova, que chova!!! _________________
Usa a bici tódolos días, celébrao unha vez ao mes!! |
|
| Volver arriba |
|
 |
|
|
Podes publicar novos temas neste foro Non podes responder a temas neste foro Non podes editar as túas mensaxes neste foro Non podes borrar as túas mensaxes neste foro Non podes votar en enquisas neste foro
|
|